O 13 de setembro o Parlamento Europeo aprobou
con unha grande maioria, unha resolución para iniciar as negociacións dun
Tratado de Libre Comercio co Estado Fascista e Xenocida da India.
Temos que salientar a posición da
Europarlamentaria Galega Lidia Senra, mostrando o seu firme
compromiso coas clases traballadoras da India, que votou en contra de dita resolución coa seguinte explicación:
compromiso coas clases traballadoras da India, que votou en contra de dita resolución coa seguinte explicación:
“O obxectivo principal desta
resolución é acelerar as negociacións para o establecemento dun Tratado de Libre
Comercio UE-India. En coherencia coa nosa posición sobre este tipo de acordos
que aseguran os beneficios das corporacións e empobrecen ás poboacións, votei en
contra desta resolución. Ademais, non aborda as graves violacións dos dereitos
humanos que se producen neste país, como é o caso do profesor GN Saibaba, cuxa
situación denunciei en numerosas ocasións fronte ás institucións da UE, ou a de
deceas de activistas sociais, como a profesora Soni Sori; así como a completa
vulneración dos dereitos humanos dos pobos adivasis”.
Dende o Comité Galego da Apoio a Guerra
Popular na India facemos un chamado a loitar contra este Tratado que pretende
esmagar aínda máis ao pobo da India, para beneficio das multinacionais e as
burguesías europeas, así como a os seus colaboradores da burguesía compradora
india.
Nessun commento:
Posta un commento