GALIZA: Forzas politicas e sociais asinan Manifesto Galiza con Catalunya.
III Manifesto Galiza con Catalunya.
A situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade. A suspensión da autonomía por parte do Estado e o uso da forza e da coerción física para impedir a inevitábel declaración de independencia do pobo catalán pairan no ar. Mais xa non só como posibilidades remotas ou certas, senón como ameazas constantes dun rexime decrépito e entolecido que chama "referendum ilegal" á democracia e "desafío secesionista" ao dereito de autodeterminación.
Para os poderes españois, a posibilidade de que as nacións que non
recoñecen envereden polo camiño
da independencia e da soberanía non é unha opción. Mais tampouco o é calquera "encaixe" que non sexa o da súa progresiva españolización, en todas as ordes da vida. A realidade, porén, é teimuda. E a imposibilidade de pór cancelas á vontade popular que desbordou hai tempo as marxes apunta de maneira clara cara á crise do modelo do "todo atado y bien atado", situando nas declaracións de independencia destas nacións a verdadeira panca que pode acabar de fracturalo por completo. De aí as ameazas e a violencia, reaccións primarias e antipolíticas de quen necesita perpetuar a dominación. Porque, para os poderes centrais, non é só unha cuestión territorial; está todo en xogo.

O Estado, cego ante o seu propio ordenamento xurídico e cego tamén ante a
lexislación internacional á que di acollerse, demóstrase incapaz de
permitir calquera exercicio democrático real que vaia contra a unidade e
a indivisibilidade que a ditadura fascista de Franco estebeleceu e a
falsa Transición apuntalou. En Catalunya é evidente; mais tamén o é en
Euskal Herria, onde España se nega a avanzar no proceso de paz malia
todos os pasos dados pola sociedade basca e as súas organizacións
políticas; e por suposto tamén en Galiza, onde a ilegalización de ideas e
a violencia — máis branda ou máis dura — pretenden instalarse como
norma.
Sabemos, por iso, que España é irreformábel. A experiencia do pobo
catalán deixouno tamén claro. A única saída ao círculo vicioso é, polo
tanto, a acumulación de forzas de ruptura. Cada pobo terá, para iso, a
súa estratexia, mais non hai dúbida de que o referendo do día 1 de
outubro é fillo dese traballo, da mobilización popular e dunha folla de
ruta o suficientemente clara. Por iso hoxe, as organizacións que facemos
parte da Plataforma Galiza con Catalunya nos colocamos do lado de quen
pula polo referendo. É a nosa maneira de nos colocar do lado da
democracia.
Desde Galiza, conscientes do episodio histórico e das oportunidades a
quebra catalá abre tamén para o noso pobo, animamos a toda a comunidade
galega nese país irmán a facer, o 1 de outubro, o mesmo que nós facemos
hoxe: dicir Si ao referendo, Si á Catalunya como Estado independente en
forma de República e Si á democracia. Estamos convencidas de que máis
cedo que tarde unha oportunidade semellante se abrirá ao alcance das
nosas mans.
Agora Galiza
Bloque Nacionalista Galego
Briga
Causa Galiza Centro Social Gomes Gaioso
Colectivo Nacionalista de Marín
Confederación Intersindical Galega
Erguer. Estudantes da Galiza
Fundaçom Artábria
Galiza Nova
Isca!
Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Movemento Galego ao Socialismo
Xebra
Nessun commento:
Posta un commento