martedì 15 maggio 2012

pc 15 maggio - Galizia repressione e lotta ai cantieri navali

in originale in via di traduzione

Loita Popular


Voceiro do Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

15 de maio de 2012Solidariedade cos traballadores de SEAGA e do naval.
Non á represión sindical Represión xuízo naval Seaga

O próximo 15 de maio ás 9 da mañá comezará o xuízo contra os compañeiros imputados pola folga do naval do 2009. O xuízo tiña que celebrarse o pasado 17 de abril, pero foi aprazado para 15 de maio e 7 de xuño pola grande cantidade de material audivisiual presentado e de testemuñas que teñen que declarar. Lembramos que os tres sindicalistas se enfrontaban a unha pena de catro anos de prisión pola súa participación nas mobilizacións para defender un convenio xusto para o naval.

Nesta escalada de represión sindical tamén o próximo 22 de maio haberá outro xuízo, esta vez contra os traballadores de SEAGA e compañeiros da CIG-Servizos.

Ante estes feitos desde o MpB seguimos insistindo en que a loita sindical non é delito e pedimos a solidariedade cos compañeiros represaliados concentrándose diante dos xulgados de vigo o próximo 15 de maio ás 9 da mañá.

Contra a represión, solidariedade!

Movemento pola Base.

Dende Loita Popular sumamonos ao chamamento a denunciar a represión contra os traballadores e traballadoras que dende organizacions sindicais loitan polos dereitos da clase obrera.

Nessun commento:

Posta un commento