lo slai cobas per il sindacato di classe italia è solidale nella lotta con la centrale operaia gallega con cui ha un caldo e classista legame
MANIFESTO CONTRA A REFORMA LABORAL DO PP E EN APOIO DA FOLGA XERAL CONVOCADA PARA O 29 DE MARZO.
O Goberno español do PP vén de levar a cabo, a través da reforma laboral, o maior ataque que se fixo desde a transición ao dereito do traballo e ao modelo de relacións laborais até o de agora vixente.
A reforma laboral que acaba de aprobar o PP, e que vai ser tramitada como proxecto de lei no Parlamento español, supón estabelecer unha normativa laboral á carta para as empresas, aceptando así as propostas que hai anos vén defendendo a patronal (CEOE), para impor un marco de relacións laborais totalmente favorábel aos seus intereses, que non só non vai crear emprego senón que vai provocar a substitución de emprego fixo por emprego temporal e pola metade do salario.
O conxunto de medidas que recolle esta reforma van encamiñadas a abaratar e facilitar o despedimento, a reducir salarios e xeneralizar a precariedade no mercado laboral, a baleirar de contido a negociación colectiva como ferramenta en mans da clase traballadora para mellorar as súas condicións de traballo, a facilitar a fraude na contratación, a inflar os beneficios das empresas a través de subvencións con recursos públicos, en definitiva a unha desregulación total do mercado laboral que vai supor unha caída xeneralizada dos salarios, dos dereitos e das condicións de vida da clase traballadora e o seu debilitamento fronte ao capital.
Desde o inicio da crise, os poderes económicos, a través de institucións e partidos políticos ao seu servizo, como é o caso do Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, Comisión Europea, PSOE, PP ou CiU, veñen promovendo todo un conxunto de políticas económicas e sociais centradas na redución do investimento público; no recorte do gasto en servizos públicos básicos como o ensino, saúde ou asistencia social, coa conseguinte perda de emprego e na calidade do servizo a cidadanía; na baixada dos salarios; no aumento da idade de xubilación e en dificultar o acceso a unha pensión digna; na privatización de empresas e servizos públicos; no recorte de dereitos á clase traballadora; nun sistema fiscal totalmente inxusto baseado no incremento dos impostos directos á clase traballadora e clase media, no aumento dos impostos indirectos e na redución dos impostos directos aos máis ricos, ao capital; nas axudas multimillonarias á banca ou no fomento da especulación coa débeda pública.
Todo un conxunto de medidas orientadas a afondar aínda máis neste modelo de capitalismo en crise, a transferir rendas do traballo e recursos públicos ao capital, a concentrar cada vez máis o poder económico en mans de banqueiros, grandes construtores, promotores inmobiliarios e especuladores de todo tipo, o que está a provocar recesión económica, incremento do desemprego, maiores desigualdades sociais e máis pobreza.
Diante desta situación tremendamente inxusta e contraria aos intereses da maioría social, as organizacións asinantes deste manifesto esiximos dos gobernos central e autonómico, hoxe en mans do PP, a posta en marcha doutro tipo de políticas que garantan realmente a creación de emprego e unha saída rápida e duradeira da crise económica, nunhas condicións favorábeis aos intereses das clases populares. Estas medidas pasarían por: rematar coa especulación coa débeda pública, garantir financiamento a pequenas empresas e as familias, facer unha reforma fisca para que paguen máis os que máis teñen, adoptar medidas serias para rematar coa fraude fiscla uqe cometen moi maioritariamente os bancos e grandes .....
Nessun commento:
Posta un commento